
Por fin nos puxemos ao día e sincronizamos a emisión hertziana coa subida dos podcasts á web. Por certo que a partires de agora Radio Oceánica pasa de 60 a 90 minutos de duración polo que o horario de emisión será de 21,30 a 23,00 horas todos os domingos. Ademais durante os meses de verán emitirase en Radio Galega no canto de en Radio Galega Música.
Podedes descargar o programa deste domingo en mp3 premendo aqui (55 MB) ou escoitalo online ben no Radio Blog da dereita ou na propia web da CRTVG. Xa sabedes que agora tamén temos feed dos podcasts e incluso vos podedes suscreber en Itunes, tedes os links á dereita tamén. No programa desta semana -co amigo Gustavo Harvey acompañando ao Vincent Jalo- contamos coa presenza dunha das bandas galegas máis prometedoras, 6PM. Ademáis o que sonou foi:
1.-Armadillo – Domingo Beat (Demo, 2007)
2.-Architecture in Helsinki – Heart it Races (Places like This, 2007)
3.-Volver – Tao perto, tao certo (Tao perto, tao certo, 2007)
4.-Art Brut – Pump up the volume (It's a Bit Complicated, 2007)
5.-Sevigny – Waiting for this look (Melalcoholic, 2006)

0 comentários:
Enviar um comentário